A Deputación apoia o Campionato galego alevín, benxamín e prebenxamín K2 de piragüismo, en Arnoia

Este sábado 28 de setembro, desde as 11:00 horas ata as 14:00 horas, celébrase o Campionato Gallego Xunta de Galicia Alevin, Benxamín, Prebenxamín K2 de Piragüismo sobre unha distancia de 1500 metros na Vila Termal de Arnoia, organizado pola Federación Galega de Piragüismo e o Club Náutico Castrelo de Miño.

Case 400 padeeiros de entre 6 e 12 anos e 200 embarcacións de 28 clubs de Galicia, 5 deles da provincia de Ourense disputarán este campionato a partir das 11 da mañá. A entrega de trofeos será a partir das 14:15 horas.

Na presentación desta mañá participaron o alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio; Santiago Carvajal do Clube Náutico Castrelo de Miño; o presidente da Federacion Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea García; e o asesor de Deportes da Deputacion, Diego Enrique Álvarez.