O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou na presentación da primeira edición do Meeting Internacional de Ourense en Pista Curta, unha cita deportiva de gran relevancia que contará coa presenza de destacados atletas en Expourense.
O recinto feiral, no que se disputarán as probas este sábado, 18 de xaneiro, acolleu a presentación oficial do evento, que conta co apoio da Deputación de Ourense. Para a institución provincial, o fomento do deporte é un dos eixos estratéxicos do actual mandato.