Na competición participan 15 clubes de 10 federacións autonómicas, cun total de 150 ximnastas en categoría junior e senior.
O Pazo dos Deportes Paco Paz acolle este fin de semana a XII Copa Galicia de Ximnasia en Trampolín 2022. Unha competición na que participarán 15 clubes de 10 federacións autonómicas, cun total de 150 ximnastas, 20 adestradores e 12 xuíces para competir en categorías junior e senior nas modalidades de dobleminitramp, tumbling, trampolín individual e trampolín sincronizado.
A competición, que conta co apoio da Deputación de Ourense, o Consello Municipal de Deportes e a Secretaría Xeral para o Deporte, foi presentada no salón de prensa da institución provincial, coa presenza do vicepresidente segundo da institución provincial, César Fernández; o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez e a secretaria xeral da Federación Galega de Ximnasia, Cristina Sánchez.
Na competición daranse cita, segundo a organización, varias ximnastas en seguimento por parte da Real Federación Española de Ximnasia para deseñar o equipo que participará no Campionato de Europa, que tendrá lugar en xuño en Rímini (Italia).
Esta tarde desenrolaranse os adestramentos oficiais, e mañá e o domingo, sábado 30 de abril e domingo 1 de maio, celebraranse a competición, con acceso gratuíto ao Pazo dos Deportes.