O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, representou esta mañá á institución provincial na presentación destas probas de Atletismo, as últimas da temporada e as primeiras de carácter internacional que se disputan na pista cuberta de Expourense, cunha inscrición de máis de 300 atletas.
A pista cuberta de Expourense presentou hoxe a última competición deste tempada. Tempada que abrangue desde decembro ata finais de marzo.
Tempada que arroxa unha cifra récord de competicións cun total de 37 eventos, sen contar ás máis de 120 sesións de adestramentos. Isto arroxa unha cifra de preto de 30.000 persoas que pasaron polas instalacións da Fundación Expourense, na modalidade de atletismo, o que sumado a tódolos eventos, ferias e congresos convirte ás nosas instalacións nun verdadeiro referente tanto na cidade, na provincia e na comunidade.
Este Trofeo Ibérico de Probas Combinadas sub18, e sub20 que xunto co Mitin Internacional Transfronteirizo 2 Paises-1 destino supón un fito no camiño na historia desta pista, xa que é a primeira competición de carácter internacional que se celebra nela, na que agardamos sexa un verdadeiro éxito, e que nos achegue máis se se pode ao noso país veciño, no que moitas falamos de 2 países-1 destino.
Na presentación destas probas, que se disputarán esta fin de semana, estivo o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández. Cóntase cunha inscrición de máis de 300 atletas, que entre técnicos, persoal federativo e xuíces atraerán a nosa cidade a preto de 500 persoas.