A Deputación amosa o seu orgullo polo paso do Ourense CF pola Copa do Rei

Non puido ser, pero desde logo o Ourense CF despídese da Copa do Rei coa cabeza ben alta!

O presidente provincial, Luis Menor, asistiu xunto al presidente da Real Federación Española de Fútbol, Rafael Louzán, ao encontro de oitavos de final entre o Ourense CF e o Valencia CF que se disputou no estadio do Couto e que contou cunha magnífica afición.