Durante estas dúas semanas personaxes da cultura, a xudicatura, o xornalismo, a Iglesia, o deporte ou as artes quixeron colaborar con esta iniciativa solidaria do goberno provincial para sensibilizar sobre a mellor maneira de loitar contra o COVID19: quedándose na casa.
Máis de trinta mil persoas seguiron polas redes sociais a campaña # QuedaNaCasa da Deputación de Ourense. En dúas semanas, desde que o pasado 28 de marzo o goberno provincial puxese en marcha na internet esta iniciativa de sensibilización social, miles foron as visualizacións que acumulou a campaña, na que participan destacados personaxes da cultura, a xudicatura, o xornalismo, a Iglesia, o deporte ou as artes. “Todos quixeron colaborar con esta iniciativa solidaria que impulsamos desde goberno provincial para sensibilizar sobre a mellor maneira de loitar contra o COVID19: quedándose na casa”, afirma o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen valora como “pleno acerto” esta acción de comunicación “que se enmarca no conxunto de iniciativas sociais, económicas e de cooperación cos concellos e a cidadanía para combater unidos a pandemia do coronavirus”.
“Moitas foron as persoas de relevancia social que quixeron formar parte desta cadea de solidariedade na rede”, expresa o presidente Baltar, concordando en todos os ámbitos sociais e profesionais que a prioridade é salvar vidas e resistir o confinamento, medida máis eficaz esta para facer fronte ao virus e favorecer a redución dos contagios”, explica.
Nos últimos días uníronse a este torrente de solidariedade o humorista Moncho Borrajo; o músico Iván Caride; a atleta Leticia Gil; o exfutbolista Borja Fernández, a presentadora de televisión Rosa Conde; o mago Teto; o cantautor Emilio Rúa; a futbolista Vane Sotelo e o músico Daniel Minimalia. Xunto a eles colaboraron xa as actrices Ledicia Sola e Mariana Carballal; o actor Sergio Pazos; o xuíz José Antonio Vázquez Taín; os presentadores Xosé Manuel Piñeiro e Leticia Iglesias; o escultor Acisclo Manzano; o xornalista Marco Rocha; os ciclistas Pablo Rodríguez e Anne Santestevan; o arcebispo de Belcastro, José Rodríguez Carballo; a cantante María do Ceo; o músico Víctor Prieto; o cineasta Xavier Bermúdez, e o exfutbolista Miguel Ángel.
Todos coinciden na importancia de aproveitar o confinamento para compartir experiencias en familia, aumentar a comunicación, reflexionar, teletrabajar e desenvolver outras actividades que durante o ano non podemos facer por falta de tempo.