A 5ª Regata Copa Deputación de Ourense de Piragüismo pecha a tempada 2022-2023

Os organizadores da proba, o Club de Piragüismo Ourense e a Federación Galega de Piragüismo, trasladáronlle ao deputado provincia de Representación Institucional, os detalles deste evento deportivo que se celebrará o 10 de setembro.

Competirán 145 embarcacións dos cinco clubs da provincia (Fontefría de Muíños, Fluvial O Barco, Fluvial Avión Castrelo de Miño, Fluvial Allariz e Piragüismo Ourense) o que supón un incremento de participación do 20% con respecto ao ano anterior.

A 5ª regata Copa Deputación de Ourense de Piragüismo pechará a tempada 2022-2023 e a liga nas categorías pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete y Seniors nas modalidades feminina e masculina. Os organizadores da proba, o Club de Piragüismo Ourense e a Federación Galega de Piragüismo, trasladáronlle ao deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández, os detalles deste evento deportivo que se celebrará o 10 de setembro.

A XVIII Regata “Pub Gadafi” e 5ª regata da liga provincial, que conta coa colaboración da Deputación de Ourense, reunirá a 145 embarcacións procedentes dos 5 clubs da provincia: Fontefría de Muíños, Fluvial O Barco, Fluvial Avión Castrelo de Miño, Fluvial Allariz e Piragüismo Ourense que é o anfitrión. Isto supón un incremento da participación do 20% con respecto ao ano anterior. A proba comezará a partir das 11.00 horas en Barra de Miño (Coles) e está prevista que ás 14.00 horas sexa a entrega de trofeos.

No encontro no Pazo Provincial tamén estiveron o xefe do Servizo provincial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; o alcalde de alcalde de Coles, Manuel Rodríguez; o delegado provincial da Federación Galega de Piragüismo, José Manuel Fernández; e o presidente de Piragüismo Ourense, José Luis Fernández.