Menú
Pechar

52 deportistas ourensáns reciben este ano as bolsas da Deputación de Ourense

O recoñecemento a un técnico deportivo de disciplinas individuais recaeu nesta edición no adestrador de artes marciais, Manuel Montero Vidal.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, entregaron no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, as axudas a 52 deportistas ourensáns correspondentes ao exercicio 2015.

A Deputación de Ourense con esta iniciativa pretende “premiar economicamente a estes deportistas ourensáns e recoñecer publicamente o esforzo e o traballo que realizan nestes deportes individuais en Ourense”, asegurou Rosendo Fernández.

Ademais da entrega das bolsas, realizouse o recoñecemento público a un técnico deportivo ourensán de disciplinas individuais que nesta ocasión a persoa designada foi o adestrador de artes marciais (judo e jiu jitsu), Manuel Montero Vidal, quen con máis de 50 anos exercendo, primeiro como deportista e logo como técnico, constitúe a historia viva do Judo en Galicia e mestre-adestrador de campións galegos, de España e participantes en distintos campionatos de Europa e do mundo. Con este recoñecemento, a Deputación de Ourense quere mostrar que “a mellora na formación e rendemento dos deportistas ourensáns, teñen nos técnicos un dos seus piares básicos e fundamentais”, sinalou o vicepresidente do ente provincial.

As axudas concedidas, correspondentes ao exercicio 2015, organízanse en catro grupos segundo a categoría do deportista, quedando distribuídas da seguinte maneira:

No grupo primeiro,a contía da axuda anual para cada un dos deportistas deste grupo é de 1.450 euros.

DANIEL PÉREZ MORALES – XIMNASIA

PABLO RODRÍGUEZ GUEDE – CICLISMO

FELIPE IGLESIAS DE LA TORRE – JIUJITSU

IVÁN SALGADO LÓPEZ – XADREZ

No grupo segundo, a contía da axuda anual para conceder a cada un dos deportistas deste grupo é de 850 euros.

JESÚS RODRÍGUEZ LEÓN – PIRAGÜISMO

JOSE MANUEL FERREIRA COLMENERO – WUSHU

YAEL CAMPELO ANTÓN – XIMNASIA

ALEJANDRO FERNÁNDEZ RIVERA – ATLETISMO

No grupo terceiro, a contía da axuda anual para conceder a cada un dos deportistas deste grupo é de 600 euros.

CARLOS EDUARDO NOVELLE MAN – XIMNASIA

SERGIO PARGA NORES – KUNG FU

PAULA FERNÁNDEZ JUSTO – TIRO OLÍMPICO

ADRIÁN FERNÁNDEZ LAMEIRO – PIRAGÜISMO

SANDRA SENRA CONDE – TAEKWONDO

ANDRÉS FREIJEIRO CRUZ – TAEKWONDO

No grupo de axudas extraordinarias, a contía da axuda concedida a cada deportista é de 350 euros.

DAVID DAVITE AGUIAR – TIRO OLÍMPICO

JOSE MANUEL PRADO PRADO – BOCCIA

LAURA PIMENTEL PÉREZ – NATACIÓN

MIGUEL BARBADO FERNÁNDEZ – BADMINTON

LORETO MARÍA BLANCO PÉREZ – XIMNASIA

LETICIA GIL PÉREZ – ATLETISMO

JORGE ANTONIO ENCINAS ARNAU – TIRO OLÍMPICO

EZEQUIEL GAGO TROITIÑO – WUSHU

IVÁN DARIO RODRÍGUEZ ALZATE – HALTEROFILIA

IVÁN DOCAMPO GONZÁLEZ – ATLETISMO

CARLOS REVUELTA PARRA – ATLETISMO

JUAN FRANCISCO FERNÁNDEZ MUÑOZ – HÍPICA

NICOLÁS CID RANCAÑO – XIMNASIA

EVA ARIAS AIRA – ATLETISMO

MARC CIURANA ROCA – NATACIÓN

IVÁN FEIJÓO ALBERTE – CICLISMO

DIEGO FEIJÓO GONZÁLEZ – XIMNASIA

ALEJANDRO CID MASID – XIMNASIA

AGAR GAGO TROITIÑO – WUSHU

BRAIS ANSIA LÓPEZ – WUSHU

ALBERTO TABOADA VILA – NATACIÓN

LUCAS DOMURO ARIAS – XIMNASIA

ANA GARCÍA ARIAS – ATLETISMO

JUDITH MOVILLA TOURIÑO – GOLF

MIGUEL PIMENTEL PÉREZ – NATACIÓN

MARCOS GARCÍA OTERO – NATACIÓN

PAULA BLANCO PÉREZ – NATACIÓN

ADRIÁN PRADA PÉREZ – PIRAGÜISMO

ALFONSO GARCÍA EIRIZ – AUTOMOBILISMO

YAGO BLANCO GARCÍA – HÍPICA

ANA FERNÁNDEZ MORAIS – JIUJITSU

EMANUEL J. ÁLVAREZ ESCOBINO – KUNG FU

GUILLERMO GARCÍA VARELA – XIMNASIA

MARIA SALAS CID – XIMNASIA

DANIEL FERNÁNDEZ MÉNDEZ – XIMNASIA

CLARA ÁLVAREZ ARAUJO – WUSHU

ESTHER ÁLVAREZ ÁLVAREZ – NATACIÓN

JACOBO CARIDE CID – NATACIÓN