Menú
Pechar

A volta ciclista “O Gran Camiño 2023” disputará a etapa raíña en Valdeorras como homenaxe á veciñanza e ás aldeas afectadas polos lumes

27/12/2022. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e os exciclistas Ezequiel Mosquera e Óscar Pereiro, promotor e embaixador da carreira, participaron esta mañá no Pazo Provincial na presentación da rolda galega, que se celebrará do 23 ao 26 de febreiro.

O Pazo dos Deportes Paco Paz acolleu a Gala de Nadal do programa Pazo Escolas Deportivas 2022

16/12/2022. O Pazo dos Deportes Paco Paz acolleu esta tarde a Gala de Nadal das Pazo Escolas Deportivas 2022, unha iniciativa do Servizo de Deportes da Deputación que ten como obxectivo “a iniciación deportiva cun carácter lúdico e educativo, onde a obtención de valores e o desenvolvemento persoal son piares fundamentais”

A Deputación de Ourense oferta 735 prazas para o programa EsquiOU 2023

16/12/2022. O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández,  destacou esta mañá na presentación da iniciativa que EsquiOU “é un programa xa consolidado como actividade de inverno dirixida á mocidade da provincia de Ourense, que funciona moi ben desde a súa primeira edición no 2015 e que conta cunha importantísima demanda”

Aberto o prazo para inscribirse na VI edición da “Ourense Strade Termal”

12/12/2022. Este evento deportivo organizado polo Inorde chega a súa edición con máis “sterratos”, un total de 12 km, que poderán gozar os cicloturistas o vindeiro 16 de abril.

A Deputación contribúe á mellora de infraestruturas viarias e instalacións deportivas en Viana do Bolo

11/12/2022. Nunha reunión celebrada no Pazo Provincial, Manuel Baltar transmitiu ao alcalde, Andrés Montesinos, o “inequívoco compromiso do goberno provincial” co arranxo da estrada que comunica Vilariño de Conso e Trives (OU-0701), ao seu paso polo concello vianés.