Menú
Pechar

400 cicloturistas de 19 provincias participan na quinta edición da “Ourense Strade Termal”

30/04/2022. O Inorde organiza, co apoio de Turismo de Galicia, este evento deportivo, consolidado no calendario nacional pola súa singularidade, que discorre por “un escenario idóneo para o turismo deportivo como é a zona do Xurés”, salientou Rosendo Fernández.

A Deputación apoia a organización da XII Copa Galicia de Ximnasia en Trampolín, que se celebra este fin de semana no Paco Paz

29/04/2022. Na competición participan 15 clubes de 10 federacións autonómicas, cun total de 150 ximnastas en categoría junior e senior.

Cartelle organiza co apoio da Deputación o II Maratón de Fútbol Sala Feminino

28/04/2022. Na presentación do evento, Manuel Baltar enmarcou esta maratón “na aposta que desde os últimos anos estamos a facer desde o goberno provincial polo deporte feminino”.

O Barco de Valdeorras convértese na capital do atletismo español coa celebración do XIII Campionato de España de 10 quilómetros en ruta

27/04/2022. Na presentación da proba no Pazo Provincial, o vicepresidente primeiro Rosendo Fernández puxo de relevo que esta proba “é froito do traballo organizativo da federación e o concello, a colaboración da Deputación e a implicación do club local ADAS”.

Sorteados os emparellamentos da fase final da Copa de Su Majestad la Reina de Fútbol Sala, que se disputará en Ourense

26/04/2022. O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, garantiu na presentación da competición en Las Rozas o “completo apoio” da institución provincial. Destacou a conectividade da provincia obtida grazas á Alta Velocidade e os recursos turísticos que poderán gozar os visitantes.

Máis de 200 ciclistas aficionados participarán este domingo no Campeonato de la Península Ibérica da Fundación ADO Moure

25/04/2022. A proba, que ten aberta a inscrición para maiores de 16 anos, arrancará en Vistahermosa e chegará ao Mon de Deu tras un recorrido de 72 quilómetros.

Aprobadas as bases da convocatoria de axudas para as Copas Deputación de 2022

22/04/2022. A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática nunha sesión extraordinaria presidida por Manuel Baltar, aprobou as bases da convocatoria de subvencións para as Copas Deputación de 2022.

Abertas as inscricións para participar na “Arnoia Termal Sports”

21/04/2022. O evento deportivo, organizado polo Inorde co apoio de Turismo de Galicia, volveu ao seu formato orixinal e ofrecerá os días 9 e 10 de xullo, probas de nado, ciclismo e carreira.

Manuel Baltar pon a Ourense Strade Termal como exemplo de cooperación transfronteiriza

19/04/2022. O presidente da Deputación remarcou a capacidade desta proba como “polo de atracción socioeconómico” e incidiu na importancia da colaboración interadministrativa.

O pavillón de Luíntra acolle este sábado a IV edición do Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra

19/04/2022. O torneo contará coa participación de escolas deportivas de toda España e Portugal.

Manuel Baltar celebra en Laias a reactivación do termalismo deportivo, con 357 deportistas adestrando no Cerlac entre abril e maio

13/04/2022. Resalta a importancia deste momento dentro da aposta da Deputación polo termalismo deportivo e o ecosistema deportivo da provincia: “Os froitos do traballo de moitos anos vénse agora, con centos de deportistas preparando campionatos internacionais nestas láminas de auga”.

O Paco Paz reúne a máis dun milleiro de ximnastas no X Torneo Internacional Ourense, a Provincia Termal

13/04/2022. Organizado polo Club Marusia e a Deputación, no pavillón de deportes daranse cita desde mañá xoves e ata o domingo 60 clubs procedentes de diversos puntos da xeografía nacional, así como da Arxentina e Portugal.

As estradas da provincia reunirán en Semana Santa a 800 ciclistas na Challenge Os 4 días de Ourense

08/04/2022. Do 14 ao 17 de abril, ao redor de 800 deportistas, segundo cálculos da organización, participarán nunha proba única a nivel nacional pola súa duración e na que está prevista a presenza de equipos sénior e máster do noroeste de España e do norte de Portugal.

Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas para os clubs deportivos ourensáns

05/04/2022. Continúa aberto o prazo de solicitude das subvencións habilitadas pola Deputación de Ourense para os clubs deportivos da provincia.