Menú
Pechar

A Deputación promove unha xornada de formación en xestión deportiva municipal

08/11/2021. O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá o mércores, día 10, unha xornada de formación en xestión deportiva municipal, promovida pola Deputación de Ourense e organizada pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), co obxectivo de achegar aos pequenos e medianos concellos unha visión actualizada dos novos retos do desenvolvemento do deporte a nivel local.