Menú
Pechar

Aberto o prazo para inscribirse na “Gladiator Race” que organiza o Inorde

30/09/2021. A partir de hoxe, ás 19.00 horas, os interesados en participar poderán anotarse na segunda edición desta proba, unha das máis espectaculares de España, que mestura deporte e aventura nunha contorna natural e paisaxística sen parangón como é a de Muíños.

O Parque Náutico de Castrelo de Miño acollerá por primeira vez o Campionato Galego de “Stand up Paddle”

30/09/2021. O Parque Náutico de Galicia en Castrelo de Miño acollerá por primeira vez nas súas augas o próximo 16 de outubro o Campionato Galego de “Stand up Paddle”

O campionato do mundo de aventura atravesará 21 concellos ourensáns nunha edición récord con preto de 100 equipos de 27 países

28/09/2021. No balneario de Laias, onde se presentou hoxe esta proba, o presidente da Deputación destacou que a inclusión da provincia nun campionato mundial “de altísimo nivel e cos mellores deportistas demostra que o noso territorio é a plataforma perfecta para seguir implantando un ecosistema de turismo deportivo”.

17 quilómetros para coñecer Muíños no “Trail do Xurés”

25/09/2021. A segunda edición deste evento deportivo que organiza o Inorde co apoio de Turismo de Galicia, reuniu a preto de 200 participantes que gozaron da beleza natural, termal e paisaxística deste municipio da Baixa Limia.

A Deputación continúa a impulsar o turismo deportivo provincial co “Trail do Xurés”

20/09/2021. A segunda edición desta proba que organiza o Inorde coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, celebrarase o vindeiro sábado, 25 de setembro, no termo municipal de Muíños.

250 afeccionados ao ciclismo de Montaña descobren a beleza natural e paisaxística ourensá na “Arnoia Termal Bike”

19/09/2021. Os deportistas profesionais Iván Feijóo, padriño da proba, e Carlos Canal, volveron a participar nunha das probas deportivas que organiza o Inorde, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia.

A Deputación potencia Ourense como “territorio ideal para o deporte” coa participación de 300 ciclistas na “Arnoia Termal Bike”

14/09/2021. Unha proba que tamén mostrará “un dos nosos elementos máis diferenciadores, como é o termalismo”, dixo o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, durante o acto de presentación desta proba celebrado hoxe no pantalán de Arnoia, onde tamén destacou a oportunidade que supón “para dar a coñecer un singular ecosistema de turismo deportivo polo … Continuar

A Ribeira Sacra, escenario idóneo para o cicloturismo

12/09/2021. O evento “A Ribeira Sacra Cycling Road”, que organiza por primeira vez o Inorde co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, tivo co padriño de excepción ao campión do mundo no ano 1995 e tamén gañador de La Vuelta España, Abraham Olano.

O campión internacional Abraham Olano apadriña a primeira marcha de cicloturismo que percorrerá “o máxico escenario da Ribeira Sacra”

11/09/2021. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no parador de Santo Estevo de Ribas de Sil ao ciclista vasco que mañá domingo participará como padriño na primeira edición da “Ribeira Sacra Cycling Road”, unha marcha de cicloturismo organizada polo Inorde e a Axencia de Turismo de Galicia e na que 335 deportistas … Continuar

A Volta Ciclista Feminina, éxito deportivo e promocional: de Ourense para 176 países

04/09/2021. Manuel Baltar puxo como exemplo “a capacidade organizativa da nosa provincia” para facer realidade este evento que une deporte ao máis alto nivel coa difusión das fortalezas turísticas do territorio ourensán”.

A estación de Manzaneda, protagonista da primeira cronoescalada da Volta feminina

03/09/2021. Manuel Baltar destacou na entrega de premios da segunda etapa da “Ceratizit Challenge”, a cooperación da Deputación de Ourense “para que a estación de montaña de Galicia potencie a desestacionalización e siga a ser un referente das actividades de deporte e natureza”.

Baltar destaca “a firme aposta da Deputación polo deporte feminino en Ourense”

02/09/2021. O presidente do goberno provincial salientou hoxe na Rúa, na entrega de premios da primeira etapa da “Ceratizit Challenge”, o labor da Deputación “a prol do territorio ourensán como ecosistema de turismo deportivo”.

O Parque Náutico de Castrelo de Miño acolle a XXIII Concentración de Escolas de Vela

01/09/2021. Na regata, incluída na Copa Deputación, participarán medio centenar de deportistas de entre 7 e 15 anos chegados de toda Galicia.