Menú
Pechar

A Deputación aproba preto de 300.000 euros en subvencións para colectivos veciñais e o Club Ourense Baloncesto

25/01/2021. A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática e baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou as bases reguladoras da convocatoria de subvencións destinadas a federacións e agrupacións de asociacións veciñais de Ourense, así como unha achega ao Club Ourense Baloncesto para a tempada 2020-2021

Baltar salienta no Pavillón dos Remedios “o carácter social e de deporte para todos desta infraestrutura que cumpre 52 anos”

19/01/2021. O presidente da Deputación visitou as instalacións xunto ao presidente da Xunta e o alcalde de Ourense, obras que supoñen melloras nos vestiarios, piscina e nas diversas salas deportivas.

Aprobadas senllas axudas por valor de 109.000 euros para as Copas Deputación e deportistas de modalidades individuais

18/01/2021. A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática e baixo a presidencia do presidente da institución provincial, Manuel Baltar, aprobou as bases reguladoras e convocatoria de senllas liñas de axuda destinadas ás Copas Deputación e a deportistas de modalidades individuais, por un importe total de 109.000 euros.

Recepción ao ciclista Iván Feijoo na Deputación

15/01/2021. O presidente Manuel Baltar felicitou ao deportista ourensán polos seus recentes éxitos como campión de España, título acadado por terceira vez, e polo seu terceiro posto na Copa do Mundo.

Baltar e os novos xestores de Manzaneda analizan as vantaxes que supón para turismo e deporte desestacionalizar a estación

12/01/2021. O presidente da Deputación, na súa visita ás instalacións, reafirmou o apoio do goberno provincial a esta infraestrutura, “na que realizamos o investimento máis importante da historia da estación”.