Menú
Pechar

OCA NOVA MANZANEDA

Oca Nova Manzaneda é unha estación de esquí e montaña turístico – deportiva, con diversas actividades que permiten o seu funcionamento durante todo o ano. Ademais do esquí dispón de: campos de fútbol de herba, pistas de tenis, círculo de karts, hípica, mountain bike, piscina climatizada, pista polideportiva exterior e pavillón cuberto multiusos con ximnasio. Parque Multiaventura e Tirolina Xigante.

Tamén se poden practicar deportes como: senderismo, montañismo, escalada (rocódromo), tiro con arco, golf en campo rústico, etc.

O entorno e o bosque de 2.000 hectáreas de extensión que rodean a estación, a partir de 1.500 e ata os 1.800 metros completan un marco incomparable, con instalacións turísticas e de hostalaría.

En inverno e en verán, poderás realizar os teus deportes favoritos, con todas as comodidades dun completo “Resort”.

PRINCIPAIS ACTIVIDADES:

BBT, golf (campo rústico), aula da natureza, pista polideportiva, pavillón, fútbol, tenis, karts, cabalos, piscina cuberta e climatizada, escalada ( en rocódromo), rappel, tirolina, tiro con arco…

COMPETICIÓNS, PROBAS E ACONTECEMENTOS:

Campeonatos Galegos de Esquí Alpino (categorías xuvenís e seniors).

Campeonato Celtibérico de Bandas de Gaitas (Memorial Gabino Fernández), primeiro domingo de Agosto.

SERVIZOS NUN RADIO DE 35 KMS:

Servizos nun radio de 35 Km: Restaurantes, cafeterías, supermercado, pubs, discoteca, instalacións deportivas, oficina de turismo, cámpings, centro de saúde (INSS), rutas de interese cultural, turístico e paisaxístico, taxis.

Manzaneda

Estación de Montaña Manzaneda
32780 A Pobra de Trives
Ourense
 Información: 988 309 090
Teléfono Branco: 988 309 080
Información: ven@manzaneda.com
Administración: manzaneda@manzaneda.com
http://www.manzaneda.com
Facebook
@Manzaneda_EM

Mapa Pistas Manzaneda Documento PDF (8,06 MB)