“La Vuelta” 2016 regresa a Ourense, con chegada en Luintra

“La Vuelta” 2016 regresou a Ourense e fíxoo na sexta etapa desta competición deportiva, que trala súa saída de Monforte de Lemos, e despois de percorrer 163 quilómetros, chegou a Luintra, no Concello de Nogueira de Ramuín. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta tarde no acto de entrega dos premios aos campións desta etapa que discorreu pola Ribeira Sacra e na que o corredor británico, Simon Yates, do conxunto Orica, fíxose ca vitoria. O segundo posto foi para o español Luis León Sánchez, mentres que entre os favoritos non houbo diferencias, o colombiano Atapuma segue líder da competición.

Mañá venres o pelotón ciclista desprazarase ata o Concello de Maceda, municipio que acollerá a saída da sétima e última etapa en Galicia, que rematará en Puebla de Sanabria.