Menú
Pechar

Club Cidade de As Burgas Fútbol Sala


O equipo fúndase en setembro de 2007 tras a cesión do anterior club, Cidade de Ourense FS, a outro da cidade e quedando así, varias nenas sen equipo onde poder xogar. Con esta situación, son os pais das propias xogadoras os que teñen a iniciativa de crear o Cidade das Burgas FS e empezar de cero, e desta forma na tempada 2007/2008, empeza a súa andaina en liga galega.

A intención inmediata do novo club era poder competir na liga Autonómica e poder conseguir o ascenso a División de Honra, e crear escolas de fútbol sala base para o fomento do deporte e á súa vez, poder ter equipos nas distintas categorías tanto femininos como masculinos.

Na tempada 2008/2009 conséguese o esperado ascenso a División de Prata, e despois de 2 tempadas na 2ª División, conséguese o desexado ascenso a División de Honra e dende entón, o equipo segue na máxima categoría.

Datos de contacto

Praza Xesús Ferro Couselo, 5 - 1º E

32002, Ourense
Ourense

Localización

Club Cidade de As Burgas Fútbol Sala