Menú
Pechar

Rexistro de entidades deportivas de Galicia

Altas no rexistro

A posta en marcha dunha entidade deportiva debe realizarse a través dun proceso de rexistro formal que se leva a cabo a través da Secretaría Xeral para o Deporte ou dos Servizos Provinciais de Deportes das Delegacións Provinciais da Presidencia da Xunta de Galicia. Antes de solicitar a inscrición no rexistro dunha entidade deportiva debe terse en conta que a mesma non pode utilizar ningún termo relativo a outro tipo de entidade diferente que poida inducir a erro ou confusión, nin utilizar ninguna denominación igual ou similar á doutra entidade xa rexistrada, tampouco poderán usar os símbolos ou emblemas doutras entidades ou asociacións, polo que sería conveniente que os interesados se poñan en contacto coa Secretaría Xeral / Servizos de Deportes para preguntar se a denominación elixida xa pertence a outra entidade.

Documentación que debe presentarse para a creación dos clubs deportivos

  • Solicitude de inscrición (modelo normalizado).

A entregar por duplicado:

  • Acta de constitución da entidade deportiva.
  • Acta de aprobación dos estatutos pola Asemblea Xeral.
  • Relación dos nomes, número de DNI e domicilio dos promotores ou directivos.
  • Estatutos do club. Os dous exemplares de estatutos deben estar asinados en todas as follas por todos os fundadores con firmas orixinais (non fotocopias).
  • Xustificante de ter aboado as taxas.
  • Para o caso de constitución de entidades deportivas por persoas xurídicas deberán aportar ademais da fotocopia compulsada da escritura de constitución de cada persoa xurídica, a acreditación do poder de cada un dos representantes das persoas xurídicas fundadoras ou promotoras do club deportivo.
  • Certificación negativa de denominación.

*Pago de taxas a través de internet: O pagamento das taxas pode efectuarse por internet a través da páxina web da Consellería de Economía e Industria.

Códigos das Taxas

  • Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: 04
  • Servizos centrais: 13
  • Secretaría xeral para o Deporte: 06
  • Inscrición no rexistro de asociacións deportivas: 300200. Importe para o 2009/2010: 9,65 euros
  • Modificacións do rexistro de asociacións deportivas: 300200. Importe para o 2009/2010: 4,87 euros

Fonte: Xunta de Galicia – Secretaría Xeral para o Deporte.

Onde realizar calquera xestión referida ao Rexistro:

Servizos Provinciais de Deportes de Ourense
Avenida de La Habana, 79 – 4º
32004 Ourense
988 386 050
988 386 051
deportes.ourense@xunta.es
http://deporte.xunta.gal

 

Documentos

 Indicacions para a correcta inscrición no rexistro
 Formulario rexistro dunha asociación deportiva
 Modelo dun acta fundacional dun club
 Modelo de estatutos dun club
 Modelo de relación dos membros da xunta directiva
 Modelo de aprobacion dos estatutos dun club
 Modelo de solicitude para certificacion negativa de denominación