Copa Galega de Clubs de Escalada en Bloque Indoor 2017

Escalada -

Ourense
01/04/2017
10:00

Catro probas, unha en cada provincia compoñen a Copa Galega de Clubs de Escalada en Bloque Indoor. A proba Ourensá celebrarase nas instalacións de ASESOU (Asociación de Escaladores Ourensáns) durante toda a xornada do sábado 1 de abril de 2017.

Celebrarase en dúas roldas:
A primeira, a rolda clasificatoria comezará de mañá e levarase a cabo co método “Á Americana” onde todos os participantes de cada categoría escalan á vez tratando de resolver os problemas postos nos plafóns. Clasifícanse os que máis problemas resolvan.

A segunda, a rolda final, onde só participarán os/as escaladores/as clasificados, levarase a cabo polo método de “Rotación a vista” onde cada escalador enfróntase a cada problema de forma individual, e de un en un.

Organización

Federación Galega de Montañismo - ASESOU

Contacto

ASESOU
Pablo Prada
Presidente
Rúa Antonio Puga, 1 - Bis - Baixo 32002 Ourense
667 392 737
asesou@gmail.com
https://www.facebook.com/asesou/

Localización

ASESOU